Blogoteca de Dorneda

02-12-08

MIRA MIRA

Filed under: Uncategorized — biblogdorneda @ 10:26 am

Ángels Navarro e Sonsoles Llorens teñen feito un libro para todas as idades realmente fascinante, sorprendente e desquiciante. Desde a primeira ata a última páxina, fliparás cos efectos ópticos que che deixarán pensando un bo rato. Ten forma de acordeón e poderás utilizalo de diante para atrás e viceversa, de feito non sabes cal é o principio nin cal o final. Mira mira atópase na Biblioteca Rialeda.

01-12-08

O noso primeiro…post

Filed under: iniciación — biblogdorneda @ 10:17 am
Tags: , , , ,

F.:Blanca non quere, non hai maneira, é doado, máis do que parece pero ela, que non e que non…

B.: Pero para iso temos a Fer, sempre experimentando e tocando as… a ver comparte algo do que sabes non?

F.: Pouco podo compartir, por compartir, agora mesmo un café…

B.: Me parece un tema xenial para compartir, calentito e con moito azucre… e si pode ser un pitillo e algo de picar??

F.: O.K. Sei dun sitio aquí pertiño. Todo tipo de cafés e pintxo de tortilla… Chámase Pikatoste, no mercado municipal. Atende Fina, que por certo é irmá da que sae en Padre Casares.

B.: Grazas pola información, eu sabía que ti sabes moito… pero con esto só facemos imaxinarnos degustándoo e claro non creo que nos dean 10 minutos de asueto para poder  catalo.

F.: Centrémonos, que imos facer no noso blog? Despois deses cafés claro… Por certo tes que deixar o vicio…

B.: Por que?

Video nenúfares con música de Tchaikoski

Nena Daconte

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.